Categorías
ARTE Nuestros Poemas

Xeometría1 minuto

Autor: Julianno Do Río

Hoxe son un punto
estou só.
Son unidimensional
sen redes tecidas.

Fico nese pensamento
mais é unha farsa,
unha farsa que
na sensibilidade

móstrase verdadeira.

Hoxe son un segmento
acompañado,
bidimensional;
pérdome nese tecido.

Tecido aparentemente simple
a veces sinceiro,
natural,
satisfactorio.

Porén, confuso.
Álzase a brétema e
dubido, de min
e de todo.

Redes oscuras
e dúbida hiperbólica
onde o seu obxecto
pérdese sen xeito.

Hoxe son un triángulo
equilátero
nunha rede de máis figuras;
a dúbida, unha ferramenta.

Ferramenta frutuosa e veraz
onde a súa cabida se sostén
por sí mesma e por todes.
Entón, habito sereamente.

Na arquitectura da xeometría
durmo, respiro e respétome,
os ángulos non ceden,
manténhense polo tecido.

Tecido que se edifica
na deconstrución do anterior,
na virtude,
na negación da ansia.

Manhá non sei que serei
mais dende unha serenidade
continúo o caminhar,
seguirei a buscar.

Unidimensional nacín e son
bidimensionais somos.

Asumir que se fina
de xeito tridimensional
como conxunto de triángulos
en forma piramidal.

Onde a morte nos libera
do noso habitar,
reivindiquemos Exipto
e deixémonos levar.

Una respuesta a «Xeometría1 minuto»

Deja un comentario